A pedra angular

  • Pardo Bazan, Emilia
  • Editorial: Edicións Xerais

Sinopsis

Nunha aldea próxima a Marineda, a Erbeda, aparece asasinado un carreteiro e culpan do crime á súa muller e a un cómplice, suposto amante e cuñado dela. Tras pasar todos os trámites burocráticos os reos son condenados a morrer no garrote. Partindo do caso particular, a trama abrangue aspectos de xustiza social, por un lado pero tamén atene o conflicto particular da asasina; quen desde o punto de vista da autora é a verdadeira víctima. E así é xulgada polo sistema e condenada a morrer sen pena nin gloria. Paralelamente ao asunto dos reos, abórdase o drama persoal do brazo executor da pena, do verdugo Juan Rojo. Co seu espírito liberal, a escritora Emilia Pardo Bazán (A Coruña 1851-Madrid, 1921) foi unha das primeiras feministas do seu tempo, denunciando o sexismo predominante na sociedade e demandando cambios a favor da muller e a igualdade de oportunidades desde a educación. En «A pedra angular» (1891), unha das súas principais novelas, traducida por vez primeira para o galego por Mónica Bar Cendón, a escritora coruñesa critica duramente os mecanismos do poder á hora de impartir xustiza e o tratamento penal dos malos tratos ás mulleres, delicto inexistente para os tribunais da época. «A pedra angular» debuxa unha paisaxe social en que todas as mulleres viven un cadro familiar de violencia e malos tratos e pon o dedo nun tema que, tantos anos despois, continúa de permanente actualidade. A pedra angular é tamén unha novela chave para indagar na mentalidade e nas institucións da España da Restauración, e abre o debate sobre a pena de morte, converténdose nun expoñente dese novo realismo pardobazaniano no que realiza un relato social fiel e verosímil sen recrearse (e sen eludir) os aspectos máis amargos da realidade.

Ficha del libro

Título:
A pedra angular
Autor:
Pardo Bazan, Emilia
Editorial:
Edicións Xerais
ISBN:
9788483029879
Precio:
N/A

Otros libros del mismo autor

La opinión de los usuarios

A pedra angular

  • Pardo Bazan, Emilia
  • Editorial: Edicións Xerais
cerrar

Suscríbete a nuestra Newsletter Recibe nuestras recomendaciones semanales